Hydn, nome artístico da coruñesa Sandra Guedev, é unha cantante, compositora e produtora que mistura estilos musicais variados como o pop urbán, a electrónica e o son tradicional.
No 2022, introdúcese na escea musical para convertirse nunha das artistas favoritas para participar no festival de Eurovisión dese ano co seu tema “Drowning Fire“.
Posteriormente, lanza varios singles ata a publicación no 2023 do seu primeiro disco composto por sete cancións chamado “BaddeR, wicKed“, co cal vai xirando por festivais como As Revenidas, Festival da Luz, Surfing The Lérez, Atlantic Pride entre outros.
Acaba de ser galardoada cos Premios Martín Códax a Mellor Artista Urbán 2024. Este premio é grazas,entre outras cousas, ó seu directo enérxico e cercano, no cal enlaza a potencia das súas producións, a música en directo, o seu vestiario e unha coreografía moi traballada.
Deixámosvos cun dos seus últimos temas que ten moita chicha chamado “Peter Pan”. Espero que o gocedes: