A principios do mes de setembro, no embalse de Vilasouto ( O Incio-Lugo), celebrouse un encontro de Soundsystems promovido polo colectivo Dub Mono Hifi.
Cabe destacar que é un festival con entrada de balde e o seu nome fai xustiza co que aconteceu alí, tremeu a terra, dende que empezaron a sonar as Soundsystems, sonorizadas o venres por Dub Mono Hifi e o sábado por Subtroopers.
Esta segunda edición contou, durante dous días, con artistas da talla de Pintega Sistema de Son, High Nebra outta Dub Mono Hifi a nivel rexional e de talla internacional como Vibronics, Alpha Steppa ou Subtroopers que pecharon o festival ó grande.
No Tremeterra Fest aparte da gozar da música, puidemos degustar algunhas comidas de foodtruck, contemplar postos de artesanías e de maquillaxe. Houbo obradoiros, de composición musical impartido por Illiam Keys e de Live Dub Midi impartido por High Nebra. As radios especializadas na cultura Soundsystem tiveron cabida nunha mesa aberta.
Formamos parte do patrocinio deste evento dende a súa orixe, porque consideramos que é unha proposta cultural moi interesante e enriquecedora que da a coñecer a cultura Soundsystem en Galicia nunha contorna única.
Deixámosvos con material audiovisual sobre este festival: