Presentamos un proxecto que descubrimos fai pouco e nos resulta moi interesante. Trátase de «Galicia MusiCalidade» un libro ilustrado que fala da música contemporánea galega.
Nas máis de 100 páxinas que contén esta obra, podemos atopar información e debuxos de artistas recentes da índole de Boyanka Kostova, Fillas de Cassandra, Rebeliom do Inframundo, Tanxugueiras ou The Rapants. Tamén hai bandas/solistas consagrados como Triángulo del Amor Bizarro, Xoel López ou Los Suaves.

O autor desta obra é Noel Turbulencias, un home que ten unha larga traxectoria no mundo da música galega sendo periodista da zona noroeste para «Mondo Sonoro«; colaborador en medios como o programa «Música Envenenada» de Radio Polígono e dende fai unha década presentador en Cuac FM do programa «Turbulencias«.
Acompáñalle na parte ilustrada, Victoria Sánchez, mestra de profesión e autora dun libro ilustrado semellante ó que estamos a falar chamado «Murcia Loves Indie«.

Pódese adquirir «Galicia MusiCalidade» a través desta plataforma. Ten varias opcións como recibir o exemplar en galego ou castelán e unha baralla de cartas cos artistas ilustrados na parte frontal e algunhas das súas mellores cancións na traseira puidendo servir a nivel divulgativo.
Nós fixemos de mecenas para este proxecto. Bulide a polo voso, tendes ata o 23 de febreiro de prazo para invertir nel, merece a pena.