Onte houbo unha dobre estrea: o tema “Lobishome” de Amoebo co seu vídeoclip musical.
Gravado na Disfrutona do Orzán baixo a dirección do inconfundible Xaime Miranda, director de videoclips de artistas da talla de Boyanka Kostova e Ortiga, amósanos unha festa na que se produce un cambio en Amoebo de persoa a lobishome, convertíndose na alma da mesma, convidando a rachar coa rutina e a bailar sin complexo algún. Considerámolo un guiño ao tema “Thriller” de Michael Jackson pero levado á nosa retranca.
Gozade do vídeo a tope!!!