Rayo Taser é un artista que xoga cos ritmos da música house, o techno-pop e o synth-pop como materias primas principais, condicionado polo seu estado anímico dende a morriña ata a euforia.
Comeza a estudar piano no conservatorio ós 8 anos de idade. Con 15 anos, aprende guitarra grazas á influenza do grunge a través de Nirvana e o thrash metal. Nesta época, toca en varias bandas guitarreiras ata que descobre a música electrónica e comeza a navegar polo house de Moderat ou Gus Gus.
Forma parte do Colectivo Oruga, formación que lle permitiu tocar en importantes festivais como o Portamerica ou o Vigo Transforma
Na súa etapa actual faise chamar Rayo Taser 2, unha proposta moi bailable, divertida e fresca a través do seu EP “Incendio” sacado no 2022 polo selo Ferror Records.
Deixámosvos cun clásico seu chamado “Todo lo que pido”: