
Marta Ferro aka Dj Eme, é unha Dj profesional galega, que leva un tempo embarcada nun interesante e importante proxecto chamado: «Depresión en la Cabina«.
Esta iniciativa, xurde das propias vivencias, que lle fixeron mella ata o punto de querer deixalo.
Con esta proposta, Dj Eme está dando visibilidade, mediante eventos por todo o país, da realidade destes profesionais que a xente descoñece.
Para poñernos en contexto, hai un documental que se rodou antes deste proxecto chamado: «Miedo al Miedo» (2019), no que fala, en primeira persona, das experiencias que non lle facían ben mentalmente como un fin de ano, no que pinchaba fóra da casa e tivo que tomar as uvas sola na habitación do hotel chorando, mentras recordaba aos seus amigos e familiares .
Deixámosvos, no seguinte enlace, a web desta proposta, onde veredes a axenda coas próximas paradas. Animádevos a asistir: