Co novo disco saído do forno dos The Rapants chamado “The Rapants Club“, non podíamos perder a oportunidade de velos no festa de presentación no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela.
De teloneiros actuaron os composteláns Ulex, unha banda da cal falaremos próximamente e quentou ben os motores para o que iba a acontecer posteriormente.
Pasados 5 minutos da hora programada, saíron The Rapants a dar unha hora e media de caña sin parar con convidados especiais como foron Galician Army cos que abriron o concerto seguindo con 9louro, Antía Ameixeiras, Sara Faro de Fillas de Cassandra e como colofón final, Nuno de Grande Amore.
No concerto tocaron temas do novo disco e na recta final os clásicos que non podían faltar. Deixámosvos cos videos que gravamos. Gozade deles: