Iago Galego, coñecido artísticamente como O Filloas, é un músico vigués que medrou no rural galego xogando a videoxogos e vendo anime.
A raíz das súas propias vivencias persoais, O Filloas nas súas cancións fala sobre saúde mental, ir a terapia e as emocións, con potentes bases punk, hyperpop e trap para bailar como si non houbera un mañán.
Ata o de agora, ven de publicar tres discos: “Filloas” (2022), “O Segundo Disco XD” (2023) e “Súbete ao EVA” (2025) que non está nada mal para o seu curto camiño musical.
En directo e no estudo, acompáñalle unha música marbelleira afincada en Galicia dende fai uns anos chamada Paula Ferraz que se encarga da maquinaria sonora, da animación cóbado con cóbado con O Filloas e tranquilizar a tensión pre-subida ó escenario.
Deixámosvos cun tema que está soando moito e esperamos que o gocedes polo menos coma nós. Vémonos nos seus bolos: