Skip to content
Menu
Metralla Sonora
  • Axenda
  • Novas
  • Artistas
  • Contacto
  • Quenes somos?
Metralla Sonora

Grampoder

Posted on 21/02/202412/12/2024

No 2012, Grampoder, o dúo formado por Le Roi e Martin Wu, comeza a servir racións de folk e tropicalismo para, máis tarde, mudar por racións máis duras e crús apostando polo post-punk, indie noventero, na vangarda de artistas consagrados coma Xoel López ou máis emerxentes como a banda Cedezaoito.

A idea orixinal desta banda era facer rock portátil, é dicir, poder tocar en calquera superficie, conseguíndoo en formato cativo nunha sala de estar; en formato mediano nun pub e mais en formato grande ao aire libre como foi o ano pasado (2023) no Feito a Man, cun éxito de público incrible.

Teñen no seu haber dous discos: «Golf Whiskey» publicado no 2013 que contén doce cortes bailongos e «PM» sacado no 2022 e que contén dez cortes demoladores. Nestes intres, están rematando o seu terceiro traballo o cal leva o nome de «Amuleto». No seu Bandcamp, podedes adquirir as súas obras.

Deixámosvos dous vídeos un deles en directo e o outro formato videoclip para que vaiades abrindo boca e os coñezades:



Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

  • Post Recentes
  • O Filloas
    Iago Galego, coñecido artísticamente como O Filloas, é un músico vigués que medrou no rural galego xogando a videoxogos e vendo anime. A raíz das súas propias vivencias...
  • Hydn
    Hydn, nome artístico da coruñesa Sandra Guedev, é unha cantante, compositora e produtora que mistura estilos musicais variados como o pop urbán, a electrónica e o son tradicional....
  • Instagram Hackeado!!!
    Boas metralleir@s. Temos as contas de Instagram tanto de Metralla Sonora como denBertus_ hackeada. Por favor, non fagades caso do que vos digan. Temporalmente, temos en Instagram a...
  • Libros Musicais En Galego Recomendados por Noel Turbulencias
    O noso amigo Noel Turbulencias, recoméndanos unha serie de libros nos que se fala da música contemporánea galega: Nós escollemos “Unha Historia da Música en Galicia” e “Galicia...
  • Rayo Taser
    Rayo Taser é un artista que xoga cos ritmos da música house, o techno-pop e o synth-pop como materias primas principais, condicionado polo seu estado anímico dende a...
©2025 Metralla Sonora | Powered by SuperbThemes
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.Estou de acordo