No 2012, Grampoder, o dúo formado por Le Roi e Martin Wu, comeza a servir racións de folk e tropicalismo para, máis tarde, mudar por racións máis duras e crús apostando polo post-punk, indie noventero, na vangarda de artistas consagrados coma Xoel López ou máis emerxentes como a banda Cedezaoito.
A idea orixinal desta banda era facer rock portátil, é dicir, poder tocar en calquera superficie, conseguíndoo en formato cativo nunha sala de estar; en formato mediano nun pub e mais en formato grande ao aire libre como foi o ano pasado (2023) no Feito a Man, cun éxito de público incrible.
Teñen no seu haber dous discos: «Golf Whiskey» publicado no 2013 que contén doce cortes bailongos e «PM» sacado no 2022 e que contén dez cortes demoladores. Nestes intres, están rematando o seu terceiro traballo o cal leva o nome de «Amuleto». No seu Bandcamp, podedes adquirir as súas obras.
Deixámosvos dous vídeos un deles en directo e o outro formato videoclip para que vaiades abrindo boca e os coñezades: